As axendas escolares que edita o Servizo de Normalización Lingüística e maila Concellaría de Ensino do Concello de Redondela xa están chegando aos centros educativos.
A Axenda escolar redondelá 2016-17 estase a distribuír de xeito gratuito entre o alumnado de
ensino primario do CEP Santa Mariña, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP de
Cedeira, CEIP Igrexa–Chapela, CEIP Laredo, CEIP Outeiro das Penas, CEIP
Porto-Cabeiro, CEIP Quintela e CEIP Santo Paio de Abaixo, e do 1º ciclo
da ESO do IES Chapela, IES Illa San Simón, IES Mendiño e IES Pedro
Floriani.
Este é o
quinto ano consecutivo no que o Servizo de Normalización Lingüística se
encarga da edición destas axendas escolares, co obxectivo de divulgar a
cultura e o patrimonio locais entre a poboación máis nova, e promover a
normalización da lingua galega entre o alumnado redondelán.
A edición
para o curso 2016-2017 inclúe algunhas das actividades de dinamización e
normalización lingüística desenvolvidas durante o curso pasado por este
SNL para os centros de ensino: roteiros de toponimia, obradoiros de
teatro radiofónico, actividades de narración oral, representacións
teatrais e actividades das Letras Galegas 2016.
Ademais
inclúe traballos escolares e as impresións do alumnado participante nas
actividades desenvolvidas. Tamén se recolle parte do patrimonio
inmaterial a través de ditos e coplas, a onomástica en lingua galega, as
conmemoracións escolares e as celebracións propias de Redondela, e
contidos relacionados especificamente coa toponimia local.
Con esta publicación o alumnado redondelán recibe unha ferramenta útil para a
organización das tarefas escolares, pero ademais serve para incentivar o
seu interese polo seu contorno, a cultura local, e para normalizar o
uso da lingua galega na súa vida diaria.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?