A mellor escola, a casa

24.11.16

Saída 5º e 6º ao Museo Massó

Fai unhas semanas os alumn@s de 5º e 6º fixemos a saída motivadora do proxecto deste curso. Esta vez visitamos o Museo Massó de Bueu. Podedes ver o ben que o pasamos  na seguinte presentación.

https://www.youtube.com/watch?v=yV-TmGb4cDo

21.11.16

O galego non para no IES de Chapela

 
O día 18 de novembro de 2016, a comunidade educativa do IES Chapela (Redondela – GALIZA) gravou o seu particular "mannequin challenge" polo galego. En menos de 15 minutos 120 persoas puxémonos de acordo para berrar alto e claro a todo o país que O GALEGO NON PARA, e que non estamos dispostos e dispostas a que a nosa lingua se conxele como un obxecto de museo. A música, o baile, a literatura, a xeografía, o pensamento, a gastronomía, o deporte, a chuvia… no marco dos muros dun instituto cuberto de Rosalía, Castelao e Celso Emilio, para dicirvos a todas e a todos con humor, mais en serio, que SEMPRE EN CHAPELA, SEMPRE EN GALEGO.